22cartazSilvestre7ESO vindeiro sábado 17 de decembro volve  a  San Silvestre Solidaria Eurocidade Monçao -Salvaterra de Miño de Nadal.

Como viña sendo habitual antes da Pandemia e dentro das actividades que levan a cabo no marco da Eurocidade, Salvaterra e Monçao recuperan as súa "normalidade" en materia deportiva e cultural dun inmellorable xeito, que non é outro que a Solidaria San Silvestre, onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ao longo de algo máis de 5km.

Ademais e antes da proba que comezará ás 20:30(hora española) en Monçao, terán lugar na Praza De-La-Deu  a San Silvestre infantil, onde os máis cativos tamén gozarán do seu momento dando dúas voltas á dita Praza.

Ao remate das probas, haberá unha chocolatada para todos os asistentes na Praza do Concello de Salvaterra de Miño.

Cómpre lembrar que para participar soamente ten a condición de aportar un produto non perecedoiro para o Banco de alimentos .

Para facer as inscricións consulta no
00351 962 124 648 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

San Silvestre Edgar