Dende o Concello de Salvaterra de Miño continuamos en contacto directo e diario coa Área Sanitaria de Vigo pola situación do Centro de Saúde. Somos conscientes da problemática que ocasionan as baixas e os períodos de vacacións e a dificultade de cubrir as mesmas dada a ausencia de médicos nas listas de sustitución. Por todo isto, dende a Área Sanitaria tranládannos que se busca a maneira de suplir con médicos doutras zonas e do propio servizo de urxencias do Hospital para chegar a un mínimo de tres facultativos. Ademais dende o Concello de Salvaterra pomos a disposición dos veciños e veciñas a forma de derivar a súas reclamacións ó órgano pertinente.