1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO APROBA POR UNANIMIDADE O CAMBIO DE NOME DO CAMPO MUNICIPAL DE DEXTROS POLO DE “ANTONIO BERNÁRDEZ GÁNDARA-DEXTROS” Na sesión plenaria celebrada o día 31 de xullo de 2023 en Salvaterra de Miño aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos a modificación do nome do Campo Municipal de Dextros, polo de “Antonio Bernárdez Gándara-Dextros” en homenaxe o eterno presidente da S.D. Salvaterra e das Escolas Deportivas. Este merecido recoñecemento a título póstumo xa se iniciara antes do seu falecemento e Antonio era consciente. Un xeito de recoñecer o traballo inesgotable e a súa adicación e implicación durante toda a súa vida co deporte e os deportistas de Salvaterra. Moitos veciños de Salvaterra de Miño foron xogadores da S.D. Salvaterra e todos coinciden en que nalgún momento da súa infancia a figura do presidente Antonio Bernárdez foi fundamental para o desenvolvemento da actividade deportiva, concretamente do fútbol local. A maiores de presidir o equipo, en varias etapas da súa vida, sempre estivo ligado e traballou con distintas tarefas para o clube, pero todas elas cun denominador común: o ben da S.D. Salvaterra. É por iso que a proposta da alcaldía tivo a aceptación de tódolos grupos políticos quenes en maior ou menor medida tiñan relación con este home tan entrañable como importante para o deporte local.

31 07 23 Antonio Berárdez

Diciembre 2023
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia