1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RECIBE UNHA AXUDA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS DO PERTE DEPORTIVO

O concello ven de presentar un proxecto ó Consello Superior do Deporte para a mellora de instalacións no Campo Antonio Gándara Bernárdez-Dextros. O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención de 5.000 euros para o financiamento dos gastos de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible. Deste xeito se fai fronte ós gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación das solicitudes ó Perte do deporte. Esta axuda está ó abeiro da convocatoria de subvencións para entidades locais de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes. Precisamente o Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar un proxecto na convocatoria de axudas ó fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE do Consello Superior do Deporte para o ano 2023. Neste proxecto plantéxase unha reforma de 600.000 euros para mellorar as instalacións do Campo de Fútbol Antonio Gándara Bernárdez-Dextros, onde se contemplan diferentes melloras como a de eficiencia enerxética.

CAMPO DEXTROS

Diciembre 2023
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia