A DELEGADA DA XUNTA EN VIGO E A ALCALDESA DE SALVATERRA VISITAN AS OBRAS DA SENDA ENTRE OLEIROS E LEIRADO
As obras cunha inversión de 1,5 M€ abranguen un treito de 4,6 km para mellorar os accesos á igrexa e ós establecementos. Esta mañá a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz visitou xunto a alcaldesa de Salvaterra de Miño as obras da nova senda na estrada PO-402 entre as parroquias de Oleiros e Leirado. Unha inversión de 1,5 millóns de euros que melloran a mobilidade a pé e reforzan a seguridade dos usuarios desta estrada. A través desta actuación que abrangue 4,6 km e que coincide con treitos de vivendas búscase ademais mellorar o acceso á igrexa e establecementos hostaleiros e de alimentación. Durante o percorrido realizado visitaron varios treitos da senda xa executados que xunto á obra en marcha completan e dan continuidade a mellora de mobilidade entre as parroquias co casco urbán de Salvaterra de Miño.