O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO REALIZARÁ UNHA TRANSFORMACIÓN INTEGRAL NA RÚA DA FORCA

Aprobado o convenio coa Deputación de Pontevedra para a humanización da Rúa da Forca, unha actuación que terá unha inversión de máis de 500.000,00€ O Concello de Salvaterra de Miño solicitou no pasado ano a través do Programa Pon 2030 da Deputación Provincial unha subvención para unha obra de humanización na Rúa da Forca, unha rúa que se encontra no centro da Vila e que o Concello busca renovar cunha urbanización de espazos públicos que segue os parámetros Ágora, coa recuperación do espazo para o uso peonil da rúa. A través desta actuación de máis de 500.000€ búscase darlle unha nova vida a unha rúa que demandaba unha modificación urxente e que segue a liña de humanización das rúas da vila. Unha vez aprobado o convenio avanzarase para que nos próximos meses comence a obra.

10 10 23 rúa Forca