Campus Nadal 2023A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o 14 e remata o día 21 de novembro. Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Nadal. Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020 cun máximo de 55 prazas, levarase a cabo durante os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro nas instalacións do CEIP Infante Felipe. O horario será de 09:00 a 14:00 horas coa posibilidade de aula matinal cun mínimo de 10 nenos en horario de 07.30 a 9.00h. O prezo do campus é de 25 euros e 20 euros para a aula madruga. As solicitudes formalizaranse entre o 14 e ata o 21 de novembro ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

iconoPDF

Bases campus   iconoPDFIncripción ao campus