AFAGA E O CONCELLO DE SALVATERRA OFRECEN UNHA FORMACIÓN PARA COIDADORES DE PERSOAS CON DEMENCIA DENTRO DO PROXECTO COIDADOS COMPARTIDOS DE FAGAL

A formación é gratuíta e terá lugar na Casa do Conde en horario de 16:30 a 19:15 horas

Os venres 8, 15 e 22 e marzo AFAGA, a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, vai impartir na Casa do Conde do Concello de Salvaterra de Miño un curso para coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, no marco do proxecto de Coidados Compartidos de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia). Esta formación será impartida por unha psicóloga sanitaria especializada na temática, e ten como obxectivo formar e axudar a persoas en contornas rurais que se atopen nesta situación. O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia prevén un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23’15% actual ao 41% en 2050. O contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece unha enfermidade senón a todo o núcleo familiar. Por iso, o proxecto achega a familiares coidadores/as de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como dos servizos e recursos segundo a localidade onde se intervén para mellorar a súa calidade de vida. A formación que terá lugar o 8, 15 e 22 de marzo de 16:30 a 19:15 horas é gratuíta e pode realizarse a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 986 229 797 ou 610 437 895.

24 01 24 Coidados Compartidos Salvaterra