Cartel Campus PascuaA inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o 6 e remata o día 11 de marzo. Coa chegada da Semana Santa nos centros escolares moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Pascua. Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2020 cun máximo de 40 prazas, levarase a cabo durante os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril nas instalacións do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón. O horario será de 09:00 a 14:00 horas coa posibilidade de aula matinal cun mínimo de 10 nen@s en horario de 07.30 a 9.00h. O prezo do campus é de 10 euros e 6 euros para a aula madruga. As solicitudes formalizaranse entre o 6 e ata o 11 de marzo ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

iconoPDFBASES CONVOCATORIA CAMPUS.

 

iconoPDFINSCRICIÓN CAMPUS.