O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSONAL PARA MULLERES

O curso levarase a cabo os sábados do mes de abril no Pavillón Municipal Cándido Carrera. O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de abril un curso de defensa personal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe de técnicas de proteción e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de situacións de perigo. Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. O curso que se levará a cabo todos os sábados do mes de abril (6, 13, 20 e 27) en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 699 102 727.

12 03 24 Curso Defensa Personal