punto limpo móbilO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA A LICITACIÓN PARA A COMPRA DUN VEHÍCULO 100% ELECTRICO COMO PUNTO LIMPO MÓBIL

O Concello de Salvaterra de Miño encontrase neste momento en fase de licitación para a compra dun vehículo que fará a función de PUNTO LIMPO MÓBIL, para a recollida de residuos urbanos de recollida non convencional naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, para favorecer a prevención, a recollida separada e para a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais. Os obxectivos principais que se pretenden acadar con este vehículo son a mellora do servizo de recollida de residuos especiais municipais, que chegará de xeito directo á veciñanza, xa que se irá colocando en diversos puntos do municipio; incrementar as porcentaxes de recollida selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos electrodomésticos, pilas, baterías...; reforzar a recollida en puntos de especial afluencia de xente como poden ser feiras, festas ou outros tipos de eventos; contribuir, desde o ámbito municipal, ó cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas; e a introdución e popularización entre a veciñanza de Salvaterra de conceptos como a corresponsabilidade e de economía circular para que paulatinamente se vaia interiorizando por parte da veciñanza. Esta actuación tamén se enmarca dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible elaborado polo concello. O vehículo, que será 100% eléctrico, con gancho multifift e unha caixa de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro do municipio, contará tamén con catro compartimentos de maior volumen e sete de menor volume para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros. A presente licitación ven da concesión dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ó Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e a súa convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S), do 21 de xullo de 2023 e con resolución favorable á petición realizada por parte do Concello de Salvaterra, publicada no DOG Núm. 218 de 16 de novembro de 2023.