Trátase dunha posta a punto das instalacións de cara ó verán, concretamente na zona de vestiarios e que se unen as obras que se veñen facendo nos últimos anos co fin de modernizar as instalacións deportivas da Canuda, unha zona deportiva que alberga pista polideportiva, pistas de tenis e zona de skate. Nestes días lévase a cabo a preparación do chan dos vestiarios ademais da zona de taquillas co fin de ofrecer o mellor servizo ós usuarios das instalacións que abrirán ó público, segundo as previsións, a mediados do mes de xuño.

15 04 24 Obras Piscina Municipal