Esta idea nace do equipo directivo co fin de mellorar a estética do centro, un proxecto no que colabora o Concello de Salvaterra de Miño dentro das accións colaborativas que se realizan co centro durante todo o ano. Este traballo estase realizando coa empresa Concepto Circo de Lugo, unha empresa que se dedica ao pintado de murais.

Ademais durante todo o día do mércores estiveron traballando co alumnado de todo o centro co fin de facelos partícipes e implicalos neste proxecto, que pretende estar rematado antes do final desta semana.

Mural IES Salvaterra 1Mural IES Salvaterra 2Mural IES Salvaterra 3