O Concello de Salvaterra de Miño segue coa inversión en dixitalización, mellora de eficiencia e renovación de equipos no ciclo integral da auga. Esta semana empezaban os traballos para automatización e dixitalización da xestión de filtros da ETAP e mellora do sistema de lavado de filtros, o que permitirá facer de forma máis eficiente e programada o lavado, reducindo tempos e minimizando o consumo de auga de lavado e perdas de auga por colmatación de filtros.
O primeiro paso é o cambio de todas as válvulas de mariposa con accionamento pneumático dos dous filtros, implementación de válvulas adicionais ,e posteriormente posta en servizo dun cadro eléctrico de maniobra con pantalla táctil e servidor web con comunicacións para a xestión de filtros e un cadro eléctrico de protección e arranque suave de bombas de lavado de filtros e soplantes.
Estas obras súmanse as xa realizadas polo Concello nos últimos anos, tanto no sistema de abastecemento como no servizo de saneamento.


