AvisoAviso para asociacións veciñais

En materia de prevención de incendios.

Trala adhesión do Concello de Salvaterra de Miño ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga), en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Informamos que dentro deste Convenio (publicado no DOG do 29/12/2025) consta na Cláusula Décimo Segunda a posibilidade por parte de asociacións veciñais de solicitar unha axuda económica e material en caso de desenvolver tarefas en materia de prevención de incendios (limpeza de fincas e montes, creación de infraestruturas preventivas, etc.).

Para tal feito debese presentar no Concello a seguinte documentación:

  •    - Memoria xustificativa das actuacións que se van realizar que inclúa a necesidade do equipamento necesario para levar a cabo as devanditas actuacións.
  •    - Presuposto do material solicitado xunto coa memoria.
  •    - Acreditación da inscrición das asociacións veciñais no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
  •    - Instrumento de colaboración entre o concello e as asociación veciñais.

Presenten a documentación o antes posible para optar a dita subvención.

Para máis información consulte por correo electrónico a:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

iconoWORDMODELO DE COLABORACIÓN 

 

iconoWORDMEMORIA