Por quinto ano consecutivo un grupo de veciños e veciñas de Salvaterra de Miño e As Neves recrean o vía Crucis vivente no Recinto Amurallado de Salvaterra.
O grupo será o encargado de por rostro aos personaxes que acompañaron a Xesús nos seus últimos momentos ata a súa crucifixión. Xente do pobo, soldados, Poncio Pilato, a Virxe María, Caifás, Roboan... recrean o xuizo ante Poncio Pilato e as diferentes estacións ata chegar a súa crucifixión e posterior resurrección en Monte Calvario.
Unha recreación que cada ano concentra a máis público no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño e que este ano conta con seguir acrecentando adeptos.
Esperámosvos o vindeiro domingo 29 de marzo ás 18:00h.

