ProvinciaA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CELEBRADA O PASADO 20 DE MARZO APROBA O ÚLTIMO PROXECTO ENMARCADO DENTRO DA LIÑA DE INVERSIÓNS DO PLAN +PROVINCIA 2026

O pasado xoves a Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aprobaba o proxecto de Mellora da capa de rodadura de camiños municipais no Concello de Salvaterra de Miño para este ano.

Estas actuacións por preto de 259.000 euros enmárcanse dentro do plan de mellora de viais municipais que todos os anos realiza o Concello, co fin de seguir mellorando os accesos aos nucleos rurais, asegurando unha rede de camiños en condicións óptimas para os veciños e veciñas.

Dez actuacións concretas en 7 parroquias para seguir avanzando na mellora de firme, con máis de 3.200 metros de pavimentación en Fraga do Rei – Vilacoba, na Carrilla e Rúa Nova en Arantei, en Pazos – Meder; no Barral, San Prins e Currás en Leirado, en Grixó – Alxén, Pedrafurada-Oleiros e no Casco en Fornelos.

Unirase a este plan a mellora da pavimentación, este ano 2026, do vial municipal entre Muíño da Ponte en Corzáns e Nogueiró – Meder por un importe de preto de 100.000 euros e financiado a través do Plan Marco da Xunta de Galicia e a mellora da pavimentación no vial Fillaboa – Grixó en Alxén e Fraguiñas - Igrexa en Fornelos solicitado a través do Plan Camiños Rurais 2026-2027 por un importe de preto de 80.000 euros.