O curso levarase a cabo os sábados do mes de maio e xuño no Pavillón Municipal Cándido Carrera.
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de maio e xuño un curso de defensa persoal para mulleres. A finalidade é a aprendizaxe de técnicas de protección e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como saír de situacións de perigo.
Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.O curso que se levará a cabo os sábados 23 e 30 de maio e 6 e 13 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto.
Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 617 189 167.

