Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2014 e o 2022 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón durante os meses de xullo e agosto.
Achégase o remate do curso escolar e son moitas as familias que atopan grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Verán.
A actividade dirixida a nenos e nenas nados entre o 2022 e o 2014 realizarase durante os meses de xullo e agosto en horario de 08:45 a 14:00 h no C.E.I.P Plurilingüe Infante Felipe de Borbón.
O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro quendas, nos meses de xullo e agosto. Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa aula matinal dende as 7:30h e servizo de comedor ata as 16:00h ou aula tardía ata as 15:15h. Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e terán prioridade aquelas familias que os pais e nais traballen nese horario e tamén as familias monoparentais.
As bases e inscrición poderá recollerse no Concello ou descargarse a través da web www.concellodesalvaterra.com .
O prazo de inscrición será do 19 ao 26 de maio e poderase facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do concello.
