O CONCELLO DE SALVATERRA FORMALIZA A SÚA ADHESIÓN AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL DA XUNTA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA REDE DE CONCELLOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O pasado 22 de abril este Concello solicita a adhesión a este convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Rede de concellos contra o acoso escolar. Un convenio que establece os mecanismos para consolidar unha rede de apoio territorial que non só interveña ante situación de acoso escolar, senón que actúe de forma preventiva para garantir o benestar e desenvolvemento integral do alumnado galego nun clima de convivencia positiva.
O obxectivos desta rede son:
- Os de fortalecer a coordinación entre institución e entidades locais para previr, detectar e abordar de forma eficaz os casos de acoso e ciberacoso no ámbito escolar.
- Establecer un seguimento sistemático e continuado dos posibles casos, incorporando unha perspectiva territorial que garanta a implicación activa de todos os actores responsables a nivel local.
- Ofrecer apoio estuturado e colaborativo aos centros educativos na xestión de situación de acoso e ciberacoso, favorecendo respostas áxiles, integradas e adaptadas a cada contexto.
- Promover a prevención como eixo central da intervención, impulsando unha cultura de convivencia positiva, respecto e tolerancia cero cara a calquera forma de violencia. Fomentar a formación continua e especializada dos axentes implicados, co fin de dotalos de ferramentas actualizadas e criterios comúns de actuación.
- Deseñar e implementar programas específicos e contextualizados, que respondan as características e necesidades particulares de cada contorna local.
- Reducir a incidencia de casos que requiran a activación do protocolo de acoso escolar, mediante estratexias de detección temperá e unha intervención preventiva ben coordinada.
