Os interesados poderán presentar a súa oferta ata o 3 de xuño ás 14.00 horas para os 11 postos de venda e 7 bancadas que quedan libres no Mercado Municipal de Abastos ubicado na rúa Marqués de Viana.

Os postos que se licitan son pescadería, carnicería, froitería, charcutería, panadería, asados, conxelados e postos libres.

Os canons van dende os 82,13€ aos 182,04€ anuais. Ademais sácanse a licitación tamén 7 bancadas cun canon anual que vai dende os 8,24€ aos 10,30€. Unha oferta moi atractiva que ofrece o Concello para todos aqueles que queiran emprender ou ampliar o seu negocio, coa concesión de domicio público por 20 anos, prorrogables por un periodo máximo de 5 anos, con prezos moi asequibles co fin de facilitar a concesión dos postos a todos aqueles que queiran investir no mercado municipal.

As proposicións deberán ser entregadas no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) en man en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para máis información consultar https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=827954&OR=312&ID=801&S=C&lang=gl

 

11 05 26 Mercado Abastos SaiconoPDFPLANO DOS POSTOS