A ruta que se celebrou os xoves e venres do mes de abril e ata o 1 de maio rematou con máis de 25.000 pinchos servidos entre os 24 locais participantes.
Templum Sensibus e La Ojiva Espacio Gastronómico conseguiron o segundo e terceiro posto. A III Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou con récord de asistentes e coa entrega de premios e sorteos que tivo lugar onte luns no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.
No sorteo no que estiveron presentes os hostaleiros fíxose o reconto dos votos para nomear ós mellores pinchos. Recordamos que durante o mes de abril e ata o 1 de maio, os xoves e vernes ó público tivo a oportunidade de probar os pinchos, servindo máis de 25.000 entre os 24 locais participantes.
Como resultado da votación, o mellor pincho da III Ruta Pinchoterra foi para Casa Mariano en Fiolledo co pincho “Tortilla mar e terra”, o segundo para Templum Sensibus en Salvaterra co pincho “Pastramiño” e o terceiro para La Ojiva Espacio Gastronómico en Leirado co pincho “Mamma Mia”.
Os locais premiados recibiran o seu diploma e Casa Mariano como mellor pincho desta terceira edición gaña unha experiencia dunha noite con almorzo e spa para dúas persoas. Ademais fíxose o sorteo dos 39 premios cos que contou a iniciativa, 24 premios que aportaron os establecementos participantes, 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns Oleiros e un primeiro premio de 200 euros, segundo de 100, terceiro de 75, cuarto de 55 e quinto de 50 euros para consumir nos locais que participaron na ruta.
O gañadores dos sorteos da ruta serán contactados para recoller os seus respectivos premios e publicados na páxina web da campaña nos vindeiros días.

