O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, A TRAVÉS DO PSTD DO CONDADO PARADANTA, SEGUE AVANZANDO COAS OBRAS DE MELLORA DA CASA DO CONDE, QUE BUSCA A SER UN ESPAZO ETNOGASTRONÓMICO DE REFERENCIA NO CONDADO

Deste xeito, avanzan as obras da Casa do Conde por un importe de 158.245,18 euros co fin de habilitar un espazo enogastronómico orientado á promoción dos recursos locais e a valorización do patrimonio vitivinícola e gastronómico do territorio do GDR Terra e Auga.

Este novo espazo permitirá organizar actividades culturais, turísticas e formativas que reforcen a identidade enogastronómica do territorio e que fomenten o desenvolvemento turístico sostible.

Despois do cambio da carpintaría exterior e a instalación do aire acondicionado novo, agora tócalle ao chan do espazo que precisaba o arranxo e renovación.

CasaConde1CasaConde2