29 05 26 Descenso Carrilanas 1O vivido o pasado sábado na parroquia salvaterrense de Uma, foi a confirmación do arraigo que todavía manteñen as familias de distintas xeracións co mundo das carrilanas. Lembranzas de anos pasados, agarimos en forma de rodamentos, neumáticos pequenos, madeira… pero tamén fibra de carbono con auténticas fermosuras e avances aerodinámicos.

Esta tradición esquecida dende fai anos, foi o impulso da Asociación ADCD5 para recuperar unha competición que vai máis alá dunha proba deportiva, xa que se trata da mestura entre a propia competición, a convivencia con participantes doutras autonomías do país, horas familiares traballando na elaboración das carrilanas, e a ledicia dunha xornada entre curvas e adrenalina.

É por iso, e logo dunha experiencia “pioneira” vivida o ano pasado no Concello de Mondariz, que este ano naceu o Campionato Condado Paradanta de Carrilanas.

3 probas puntuables para a Copa de Galicia e Copa de España(Salvaterra de Miño, As Neves e Mondariz), onde se reúnen un centenar de participantes de distintos puntos de España e milleiros de seguidores nas diferentes trazadas, con zonas de moita velocidade e zonas urbanas, que constitúen o verdadeiro espírito da proba, para recuperar a esencia das carrilanas e achegar esta experiencia aos veciños e veciñas de cada Concello.

Logo do éxito absoluto do pasado 23 de maio en Salvaterra de Miño, o vindeiro 12 de setembro en As Neves, e o 3 de outubro en Mondariz, pecharán este campionato, do que se agardan vindeiras edicións cada ano.

29 05 26 Descenso Carrilanas 229 05 26 Descenso Carrilanas 3