O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ OS VIAIS FILLABOA–GRIXÓ E FRAGUÍÑAS–IGREXA CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 80.000 EUROS

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha axuda de 67.465 euros para a mellora da pavimentación no vial Fillaboa – Grixó (Alxén) e Fraguiñas – Igrexa (Fornelos) a través da convocatoria para actuacións en camiños rurais no período 2025-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España.

A actuación enmárcase dentro do Plan Municipal de mellora de viais e contempla a pavimentación de tres camiños municipais que se encontran nun estado de deterioro importante.

Por un lado entre a Fillaboa e Grixó, na parroquia de Alxén, asfaltarase un vial cunha lonxitude total de 773 m. As seguintes actuacións realizaranse no vial de Fragiñas - Igrexa na parroquia de Fornelos, 146 m de lonxitude por un lado e 205 m por outro.

En total unha intervención de preto de 80.000 euros cofinanciada en máis de 12.000 euros polo Concello.

22 06 26 Camiña Rural 222 06 26 Camiña Rural 122 06 26 Camiña Rural 3