O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 836,90 euros destinada ao desenvolvemento de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
A axuda foi concedida pola Dirección Xeral de Cultura ao abeiro da convocatoria de subvencións para entidades locais de Galicia destinadas á programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, a través da cal o Concello de Salvaterra de Miño destinará esta achega á posta en marcha de actividades de fomento da lectura nas parroquias do municipio, co obxectivo de achegar a cultura e os servizos bibliotecarios a todos os núcleos de poboación e favorecer a participación da veciñanza.
Desde o Concello destacan que esta colaboración permite continuar avanzando na descentralización da oferta cultural municipal, levando actividades ás parroquias e facilitando que máis persoas poidan participar nas propostas da Biblioteca Municipal.
