O Verán Cultural de Salvaterra de Miño comeza este vindeiro 20 de xullo coa xira “Dramiño D’Ronda” un ano máis a cargo do grupo de teatro Dramiño que neste 2026 percorrerá as 8 parroquias restantes da vila de Salvaterra de Miño levando o seu espectáculo “Noites de Teatro” por todas elas.
Un espectáculo que promete unha hora de diversión e moitas risas, e que non deixará indiferente a ninguén. Nun formato de microteatros ou monólogos, Dramiño achega o seu traballo as distintas casas culturais con claro fin: “Levar a cultura do teatro por todo o noso concello”. Dramiño promete programación diversa entre parroquias veciñas para que se o público desfruta o espectáculo poida voltar a facelo cunha proposta distinta noutra data da xira.
Vilacoba, Meder, Soutolobre, Fiolledo, Lourido, Porto, Pesqueiras e Oleiros son as parroquias polas que rondará Dramiño este verán e así completar o inicio de xira do pasado ano.
Ademais o grupo de teatro “Nós Mesmas” estará en Leirado o venres 31 de xullo ás 22:00 horas coas “Noites de Impro”.

