O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO CONTARÁ ESTE VERÁN CO MAGO TETO E CO MUSEO ENCANTADO DE DANI GARCÍA A TRAVÉS DA PROGRAMACIÓN DO CIRCUÍTO +ESCENICAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Este verán os nenos e nenas de Salvaterra de Miño poderán desfrutar de dúas actuación maravillosas grazas a programación do circuíto +Escenicas da Deputación de Pontevedra que aporta 4.000 dos 6.000€ dos cachés dos grupos.
Así Salvaterra acollerá o espectáculo Galerock & Magic do Mago Teto o venres 21 de agosto na Praza do Concello e o Museo Encantado de Dani García estará no Recinto Amurallado dentro da programación da Festa do Viño do Condado como novidade para todas as familias.
O Mago Teto trae GaleRock'N'Magic, un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Viaxamos desde o rock galego dos 80 e 90 de Siniestro ou Los Suaves ata o do século XXI pasando polo bravú.
Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas. Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.
Por outra banda, chega Dani García que co Museo Encantado continúa a súa investigación sobre as instalacións máxicas creando 4 novos espazos. Catro cabinas con interacción, participación e xogos máxicos para encher a túa localidade. Un confesionario, unha cabina de teléfonos, un fotomatón e a cabina de Gadalka. Todas cheas de maxia e humor.


