Un ano máis, a Biblioteca Viaxeira volta a Salvaterra de Miño levando a maxia da lectura e da narración oral ós máis pequenos e pequenas da casa. Esta iniciativa, xa consolidada no calendario cultural do concello, busca achegar a literatura infantil e o gusto pola lectura promovendo espazos de encontró.
Este ano, as actividades serán: O sábado 3 de outubro ás 12:00 h, na Casa do Conde con “Somos iguais na maxia” a cargo de 2 Minds Combined.
O sábado 24 de outubro ás 17:00 h, na Biblioteca Municipal de Salvaterra con “O Secreto da Biblioteca” a cargo de Trémola Teatro.
A actividade é de balde ata completar aforo, e está organizada polo Concello de Salvaterra de Miño a través do programa de dinamización da lectura Ler conta moito promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de continuar fomentando a lectura e o acceso á cultura.


