O municipio de Salvaterra de Miño atópase localizado na vertiente suroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, mais concretamente na zona meridional da provincia de Pontevedra, a unha altitude de 150 metros sobre o nivel do mar, cunhas cordenadas xeográficas de 42º 04' 5'' de latitude norte e de 8º 30' de lonxitude oeste.. Limita polo norte cos concellos de Ponteareas e Mondariz, polo leste cos da Cañiza e As Neves, polo sur co río Miño, que o separa de Portugal e polo oeste co concello de Salceda e Tui. Xunto aos veciños concellos de Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Salceda de Caselas, forma a Comarca do Condado.

O término municipal de Salvaterra de Miño, está no límite coa fronteira política de Portugal, ocupando unha extensión territorial de 61,79 Km². Os seus arredor de 9800 habitantes de que dispón, están distribuidos en torno a 17 parroquias, as cales numéranse a contuinuación:
Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacoba.
