Pequena parroquia que limita con Fornelos e Soutolobre polo norte, con Pesqueiras polo sur, con Fornelos polo oeste e con Leirado e Corzáns polo leste.

Os seus veciños distribúense nos seguintes barrios: Abelenda, Cantalarrana, Coto Real, Eido Vello, Forneliños e Gurita.

CastrosAcháronse restos arqueolóxicos no monte de Os castros, na ladeira coñecida como cerrado de Alonso, onde se atopa diverso material de época castreña e galaico-romana. Na ladeira meridional está localizada unha posible vila romana na que salienta a presenza dun "hipocausto", ou dependencia cun sistema de climatización, que indica a importancia de Lourido durante a idade antiga.

Neste enclave existen varias lendas relacionadas cos mouros e as súas riquezas que están protexidas mediante encantamentos. Así, se conta que unha rapaza chegou ata o tesouro e colleu un colar pero cando ó ía por no pescozo converteuse en cobra.CastrosLourido

Un sarcófago medieval foi recuperado en Lourido.

A igrexa de Lourido, consagrada a San Andrés, foi construída no século XVII. Nela consérvase un impoñente retablo barroco da Inmaculada.

Referente ao casal da igrexa, consérvase un foro do 10 de febreiro de 1534, é o documento máis antigo sobre esta parroquia.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32