- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
25 Noviembre 2026 79 Visita(s)
“COMPRACER NON, CON PRACER SÍ” FOI O LEMA GAÑADOR DO XVI CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación d... -
25 Noviembre 2026 75 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO REFORZA O SEU PARQUE MÓBIL CUN NOVO TRACTOR ROZADOIRA E DÚAS ROZADOIRAS ELÉCTRICAS
A maquinaria, destinada á limpeza de camiños, sendas e franxas de seguridade, supuxo un investimento total de 19.317,65... -
24 Noviembre 2026 91 Visita(s)
SALVATERRA CELEBRA O 25N COA ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Servizos Sociais, conmemora o vindeiro 25 de novembro o Día... -
23 Noviembre 2026 130 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO PRESENTA A XII FESTA DO ESPUMOSO DE GALICIA QUE SE CELEBRARÁ DO 4 AO 6 DE DECEMBRO
O Concello de Salvaterra de Miño presentou a XII Festa do Viño Espumoso de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de d... -
19 Noviembre 2026 158 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INICIA UNHA NOVA CAMPAÑA DE AMPLIACIÓN DA ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NOS CASTROS DE LOURIDO-SOUTOLOBRE
O Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar os traballos de ampliación da escavación arqueolóxica en área no xacemen... -
19 Noviembre 2026 151 Visita(s)
MÁIS DE 50 COMERCIOS E HOSTALEIROS SÚMANSE Á CAMPAÑA “O LAZO QUE UNE SALVATERRA DE MIÑO”
Coa firme idea de que o Nadal tamén se constrúe apoiando o que temos preto, o Concello de Salvaterra de Miño lanzaba est... -
10 Noviembre 2026 232 Visita(s)
OUTUBRO, UN MES INTENSO DE TRABALLO NO OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL DE SALVATERRA DE MIÑO
O Obradoiro de Emprego Dual de Salvaterra de Miño vén de pechar un mes de outubro de intensa actividade e excelentes res... -
06 Noviembre 2026 257 Visita(s)
“O LAZO QUE UNE SALVATERRA DE MIÑO” A CAMPAÑA DE NADAL QUE UNIRÁ O COMERCIO E HOSTALARÍA
Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a dar a coñecer as iniciativas que poñerá en marcha con motiv... -
03 Noviembre 2026 267 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ O V DESFILE DE TRAXE TRADICIONAL E MODA ACTUAL EN LEIRADO
A Asociación Cultural Ondiñas do Mendo organiza o vindeiro domingo, 8 de novembro, o V Desfile de Traxe Tradicional e Mo... -
02 Noviembre 2026 309 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO CONSÓLIDASE COMO UN REFERENTE DE CRECEMENTO NO SUR DE GALICIA TRAS ACADAR OS 11.295 HABITANTES
O padrón municipal acada un máximo histórico de 11.295 veciños, consolidando un crecemento constante grazas á chegada co... -
30 Octubre 2026 352 Visita(s)
FESTA DO VIÑO NOVO EN ARANTEI – SALVATERRA DE MIÑO
A parroquia de Arantei celebra os días 7 e 8 de novembro, no pavillón deportivo da parroquia, a XXVI edición da "Festa d... -
23 Octubre 2026 510 Visita(s)
INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS XERAIS 29 DE NOVEMBRO 2026
PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS RESIDENTES EN ESPAÑA: Solicitude do voto por correo ante calquera oficina do servizo de Co... -
23 Octubre 2026 343 Visita(s)
A ASOCIACIÓN CULTURAL QUINTA DO PIÑEIRO CELEBRA ESTE SÁBADO A FESTA DA ESFOLLADA DO MILLO EN CORZÁNS
A xornada combinará tradición, música e gastronomía, cunha esfollada tradicional, a actuación do grupo Naiama e un magos... -
19 Octubre 2026 1502 Visita(s)
SALVATERRA COMO REFERENTE DE CRECEMENTO
SALVATERRA DE MIÑO CONSÓLIDASE COMO UN REFERENTE DE CRECEMENTO NO SUR DE GALICIA TRAS ACADAR OS 11.295 HABITANTES • O pa... -
16 Octubre 2026 362 Visita(s)
O OBRADOIRO DE EMPREGO ‘SALVATERRA EMPREGA V’ PECHA UN INTENSO MES DE SETEMBRO CUN CONXUNTO DE ACTUACIÓNS DE MELLORA AMBIENTAL E URBANA NO MUNICIPIO
O alumnado combinou a formación teórica en tratamentos silvícolas con intervencións directas en colexios, sendas fluviai... -
15 Octubre 2026 523 Visita(s)
INFORMACIÓN DO CENSO ELECTORAL
O censo electoral abre o rexistro para o voto de cidadáns estranxeiros nas eleccións municipais de 2027 Os residentes da... -
15 Octubre 2026 396 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTIRÁ MÁIS DE 34.000 EUROS NA REHABILITACIÓN INTEGRAL DO LAVADOIRO DE FONTOURA
A actuación, financiada a través do Plan +Provincia 2026, corrixirá o deterioro da cuberta e mellorará toda a contorna d... -
15 Octubre 2026 388 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA NOVOS CURSOS PARA MAIORES DE 65 ANOS
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova edición dos cursos dirixidos ás persoas maiores de 65 anos a tr... -
13 Octubre 2026 440 Visita(s)
Excavación no Xacemento dos Castros, Lourido-Soutolobre.
O CONCELLO DE SALVATERRA ASINA UN NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA... -
13 Octubre 2026 417 Visita(s)
SAMAÍN 2026
-
09 Octubre 2026 507 Visita(s)
O CONCELLO APROBA UNHA BONIFICACIÓN DO 95% NO ICIO PARA A SEGUNDA AMPLIACIÓN DE FRINSA NA PLISAN
A medida, ratificada no último Pleno municipal, enmárcase nas vantaxes fiscais de "Concello Emprendedor" para atraer inv... -
08 Octubre 2026 375 Visita(s)
MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTE PRETO DE 19.000 EUROS NA ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN D... -
07 Octubre 2026 619 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO LICITA POR 44.426,30 EUROS O SUBMINISTRO DE EQUIPOS DE SON E MOBILIARIO PARA OS EVENTOS REALIZADOS NA FORTALEZA
O Concello de Salvaterra de Miño abriu o proceso de licitación para o subministro de equipos de son e mobiliario, destin... -
07 Octubre 2026 370 Visita(s)
ESCAPE ROOM ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SALVATERRA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN ESCAPE ROOM SOBRE A IGUALDADE PARA REFLEXIONAR SOBRE OS ESTEREOTIPOS E A DE... -
05 Octubre 2026 500 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECLAMA MEDIDAS PARA DEFENDER AOS VITICULTORES DO CONDADO E GARANTIR O ACCESO AOS NOVOS TRATAMENTOS CONTRA O ALZHEIMER
O Pleno aprobou a pasada semana, por unanimidade, as propostas da Alcaldía e diversas mocións centradas na defensa do se... -
05 Octubre 2026 596 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E A ENTREGA DE COMPOSTEIROS
A sesión terá lugar o mércores 7 de outubro, ás 19:00h, no salón de plenos do Concello Salvaterra de Miño celebra o mérc... -
05 Octubre 2026 433 Visita(s)
EN LICITACIÓN O ACONDICIONAMENTO E MELLORA DO ESPAZO LÚDICO TERMAL DE SALVATERRA DE MIÑO
O Perfil do Contratante do Estado publicita a licitación para presentar ofertas da obra de “Acondicionamento e mellora d... -
05 Octubre 2026 511 Visita(s)
Salvaterra de Miño invita a descubrir os seus principais atractivos con motivo do Día Mundial do Turismo.
O Punto de Información Turística poñerá en marcha unha campaña nas redes sociais para dar a coñecer diferentes lugares d... -
01 Octubre 2026 458 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PON EN MARCHA UNHA NOVA CANLE DE WHATSAPP PARA MELLORAR A INFORMACIÓN Á VECIÑANZA
Así o Concello de Salvaterra de Miño busca facilitar e axilizar a comunicación coa veciñanza e ofrecer información de in... -
30 Septiembre 2026 392 Visita(s)
A BIBLIOTECA VIAXEIRA VOLTA UN ANO MÁIS CON DÚAS ACTVIDADES EN OUTUBRO
Un ano máis, a Biblioteca Viaxeira volta a Salvaterra de Miño levando a maxia da lectura e da narración oral ós máis peq... -
30 Septiembre 2026 475 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VOLVE A SOLICITAR A TRAVÉS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) AS AXUDAS PARA RECUPERACIÓN DA MEMORIA DEMOCRÁTICA
O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O... -
28 Septiembre 2026 428 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño segue apostando pola compostaxe doméstica coa entrega de 100 novos composteiros entre a veciñanza.
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 10... -
24 Septiembre 2026 719 Visita(s)
O vindeiro sábado 26 de setembro volve o Trofeo Nacional Salvaterra Milenaria de patinaxe.
Logo de ter que aprazar o evento debido ás obrigas competitivas do campionato de Europa e a Copa do Mundo, o CPA Condado... -
24 Septiembre 2026 547 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE ADXUDICAR POR UN IMPORTE DE 5.340,00€ UN ESTUDO DE SITUACIÓN E USOS DO MERCADO DE ABASTOS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar, a través da subvención da Xunta de Galicia para o impulso dunha rede... -
24 Septiembre 2026 474 Visita(s)
OBRAS NA BIBLIOTECA A PARTIRES DO 28 DE SETEMBRO
-
23 Septiembre 2026 459 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño e AFAGA avanzan na prevención e atención ás persoas afectadas polo Alzheimer
A alcaldesa do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse con Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, pres... -
17 Septiembre 2026 438 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
15 Septiembre 2026 480 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECIBE MÁIS DE 1.000 EUROS DA XUNTA PARA INCORPORAR NOVIDADES EDITORIAIS EN GALEGO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño foi beneficiario das axudas convocadas pola Xunta de Galicia destinadas ás entidades lo... -
15 Septiembre 2026 512 Visita(s)
OS CONCELLOS DE SALVATERRA DE MIÑO, ARBO E CRECENTE ASINAN UNHA NOVA ADDENDA AO CONVENIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
A Consellería de Política Social e Igualdade ven de convocar á Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a c... -
14 Septiembre 2026 501 Visita(s)
COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA
O CONCELLO DE SALVATERRA INICIA OS TRÁMITES PARA A COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA E MAQUINARIA VARIA PARA SEGUIR AVANZANDO... -
07 Septiembre 2026 557 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INSTALARÁ UN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de conseguir unha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infra... -
03 Septiembre 2026 586 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ O SALVATERRA URBAN FEST, UN GRAN ENCONTRO INTERNACIONAL DE CULTURA URBANA
O parque de A Canuda será o escenario dunha xornada dedicada ao break dance e ao graffiti, con participantes e artistas... -
02 Septiembre 2026 648 Visita(s)
Novo Programa Cultural
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES... -
31 Agosto 2026 596 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO IMPULSA O EMPREGO XUVENIL COA CONTRATACIÓN DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVA DURANTE NOVE MESES
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha pe... -
27 Agosto 2026 615 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INAUGURA O RENOVADO PARQUE INFANTIL JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O Concello de Salvaterra de Miño inaugurou hoxe o renovado parque infantil situado ao carón da Casa de Cultura, que pasa... -
25 Agosto 2026 738 Visita(s)
AVISO MOSQUITO TIGRE
Despois destas chuvias e a acumulación de auga que se pode levar a cabo en recipientes pequenos lembra as recomendacións... -
24 Agosto 2026 705 Visita(s)
A FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA CHEGA A SÚA LXVII EDICIÓN
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallad... -
29 Julio 2026 1227 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA DO INICIO DOS TRABALLOS DE EXHUMACIÓN NO CEMITERIO DE CHAN DA PONTE
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio munici... -
23 Julio 2026 1101 Visita(s)
Convocatoria Prensa - Exhumación Salvaterra de Miño
-
15 Julio 2026 857 Visita(s)
PRIMEIRAS SEMANAS DE FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO SALVATERRA EMPREGA V
Nestas primeiras semanas os alumn@s – traballadores do Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA V formáronse en Prevenció...
O CONCELLO DE SALVATERRA ASINA UN NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA PARA A REALIZACIÓN DUNHA ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA DE ESCAVACIÓN E CONSOLIDACIÓN NO XACEMENTO DOS CASTROS, LOURIDO-SOUTOLOBRE
Tendo en conta os valores culturais que posúe o xacemento dos Castros, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e o Concello de Salvaterra de Miño consideran necesario realizar neste ano 2026 novos traballos arqueolóxicos de escavación, consolidación e acondicionamento para favorecer a súa posta en valor e tamén para afondar no coñecemento desta zona arqueolóxica e así avanzar na súa investigación e caracterización.
O Concello de Salvaterra de Miño deu un novo paso firme na recuperación e protección do seu patrimonio histórico coa sinatura dun convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Este acordo permitirá poñer en marcha a campaña arqueolóxica de 2026 no xacemento dos Castros, situado entre as parroquias de Lourido e Soutolobre, centrada en traballos de escavación, investigación, consolidación e acondicionamento para a súa posta en valor.
Tanto a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural como o Concello consideran prioritario profundar no coñecemento científico desta zona arqueolóxica e avanzar na súa caracterización. Ademais, a intervención busca protexer un espazo que presenta evidencias de graves alteracións causadas por actuacións furtivas no pasado.
Un poboado en altura con gran valor patrimonial
O xacemento dos Castros —tamén coñecido popularmente como Penedo dos Mouros— é un Ben Catalogado do Patrimonio Cultural de Galicia. Trátase dun poboado en altura formado por un recinto aterrazado de planta alongada (de 80 por 56 metros) con orientación norte-sur, ampliado cara ao leste por un sistema de socalcos e protexido por un foxo.
A súa croa está ocupada por grandes afloramentos graníticos modelados pola erosión, entre os que destacan numerosas rochas con cazoletas de orixe antrópica (feitas polo ser humano). A escasos metros ao norte atópase tamén inventariada a mámoa dos Castros, un posible túmulo megalítico que engade aínda máis valor histórico á contorna.
As intervencións arqueolóxicas neste punto iniciáronse no ano 2022 con tarefas de prospección e sondaxes. Grazas a estes primeiros traballos, lográronse localizar os restos dunha cabana de planta circular e outras estruturas asociadas, algunhas das cales foron interpretadas como parte de antigos procesos metalúrxicos.
Obxectivos e novidades da campaña 2026
A nova actuación arqueolóxica centrarase en dar continuidade e ampliar a área intervida no ano 2023 polo arqueólogo Francisco M. Herves Raigoso. Os traballos actuais inclúen:
• Ampliación da escavación: Actuarase nunha área de arredor de 30 metros cadrados aplicando metodoloxía arqueolóxica de precisión.
• Consolidación e protección: Realizaranse labores de limpeza das estruturas xa descubertas, consolidación dos muros e ampliación do valado de protección.
• Ciencia e datación: Levaranse a cabo estudos de investigación, analíticas e datacións específicas segundo os materiais que se vaian recuperando.
• Divulgación e comunidade: Alén da correspondente Memoria Técnica final, o proxecto mantén un firme compromiso coa divulgación. Para achegar os achados á cidadanía, organizaranse dúas visitas guiadas abertas ao público: unha ao comezo da escavación e outra ao remate da mesma.
Con este novo convenio, o Concello de Salvaterra de Miño reafirma a súa estratexia de recuperar o pasado do municipio, convertendo o patrimonio arqueolóxico nun motor cultural, turístico e educativo para toda a comarca do Condado.































