Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

EdadModerna 

A OCUPACIÓN PORTUQUESA.

Dende 1580 ata 1640 o reino de Portugal estivo unido a España, por imposición de Felipe II. Debilitado o reino español polos conflictos en Flandes e Italia e polo enfrentamento con Francia, producíronse as insurrecións de Cataluña e Portugal.

RecintoAmuralladoEn Lisboa, o 1 de decembro de 1640, prodúcese a proclamación de Independencia e nomeamento do Duque de Braganza como rei de Portugal co nome de Juan IV. É o preludio da guerra hispano-lusa.

Salvaterra foi ocupada polas tropas do xeneral Juan Rodrigo de Vasconcelos e Souza, Conde de Castel-Melhor o 31 de maio de 1647.

Entón era gobernador da vila de Salvaterra un portugués, Gregorio López de Puja quen falou co conde Castel-Melhor para abrirlle as portas da vila. Ainda que as xentes enfrentáronse con gran valentía ós portugueses, os soldados lusos fortificáronse na casa do conde ausente e dende alí rexeitaban os contraataques dos españois.

Un cronista portugués describre con precisión a praza: "Salvaterra situada sobre el río Miño es capaz de 500 vecinos con un castillo, que llaman Pazos del Conde, y aunque no esté amurallado, tiene alrededor trincheras, con foso, que pareceía no poder atacarse si no es mediante foso". Ademaís existía nas proximidades da zona amurallada un rico convento Franciscano, mandado construir polo Conde de Salvaterra.

Realizouse a construcción da muralla de pedra para fortaleza-la praza. Os portugueses deixaron a súa impronta coa construcción do Oratorio da Virxe da Oliveira e nos escudos que máis tarde os españois borraron. Durante este tempo a vila é conocida como Salvaterra de Portugal.

Os asedios das tropas españolas sobre Monzón e Salvaterra foron dilatados. O exército luso sufriu a perda do seu xeneral Castel-Melhor. A praza de Monçao foi ocupada o 7 de xanerio de 1659 e dez días maís tarde as tropas do Marqués de Viana liberaron Salvaterra.

CONSTRUCCIÓNS DEFENSIVAS.

Para evitar que as tropas portuguesas se extendensen cara ó interior do val do Tea ou cara á praza de Tui, o exército galego construiu unha serie de edificios para evitar esas correrías. O castelo de Santiago de Aytona foi a construcción maís destacada.PlanoCastelo

Este castelo foi construido polo capitán xeneral de Galicia D. Guillén Ramón de Moncada, Marqués de Aytona, que o consagrou ó apostol Santiago. O seu plano permitenos comprobar a forma de estrela. Nunha carta que o acompaña noméase o enxeñeiro constructor, Juan Ruiz de Quecedo, e a distribución das milicias. Esta atalaia tivo unha importante participación no asedio de Monçao.

As fortificación da Fillaboa estaban construidas con pedras misturadas con barro e os seus correspondentes terraplés. O coetáneo e historiador Frei Felipe de la Gándara describíaa: "...el castillo de Fillaboa con cuatrocaballeros, capaz de 500 hombres, con todas sus fortificaciones, costó 40.000 ducados".

 

InicioAnterior12SiguienteFinal
Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia