Dende o ano 2006, o Concello de Salvaterra de Miño conta cun sistema WiFi denominado Salvaterra Wireless. O sistema comezou dando cobertura só ao casco urbano. Tra-la grande acollida que tivo, decidiuse por instalar unha torre de comunicacións de 30 metros de altura no monte do Castelo, que permitiu a extensión da rede WiFi municipal ás 17 parroquias de Salvaterra de Miño.
Actualmente, o Concello de Salvaterra presta o servizo de acceso a internet de balde a todas as parroquias, o cal fixo que se convertera no primeiro Concello de toda galicia en ofrecer este servizo.
A embergadura da obra conta xa con máis de 120 puntos, tanto AP´s (puntos de acceso) coma radioenlaces, os cales encárganse de dar servizo a máis de 3000 usuarios que agora mesmo están dados de alta e poden disfrutar do servizo.
A rede conta cun sistema de acceso para poder navegar mediante portal cautivo.
O Concello tamén pon a disposición do cidadán un servizo de configuración da rede WiFi para aquela xente que non sepa cómo facelo.
Este servizo farase no departamento de informática aos xoves de 9:00 a 14:00.
Na seguinte dirección de correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. pode facer as preguntas referente a WiFi Municipal de Salvaterra de Miño que precise.
Hora de atención para consultas sobre a WiFi: luns a venres de 9:00 a 14:00
Tlf de contacto: 986 65 81 26 Ext. 236
e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.