Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

A Plataforma Loxística pode definirse como unha gran superficie de terreo dotada de conexións para o transporte intermodal, de instalacións de almacenaxe, ruptura, concentración e distribución de carga, de centros de actividades terciarias relacionadas co comercio internacional, de oficinas para empresas dos distintos ámbitos da produción que necesiten información e conexión coas redes do comercio mundial, e de calquera outro tipo de instalacións que permitan intercalar procesos que aumenten o valor das mercadorías (tales como envasado, etiquetaxe, control de calidade, etc?). MapaSituacionP
A Plataforma constituirá un complexo multifuncional disposto sobre un ámbito territorial de 419 Ha, situado estratexicamente nos municipios de Salvaterra e As Neves, a 35 km de Vigo, conectado mediante a autovía A-52 co Porto de Vigo, coa Autoestrada do Atlántico (AP-9) e co Norte de Portugal (A-55), e en contacto co eixo da liña ferroviaria Madrid-Ourense-Vigo-Porto de Vigo. Configúrase como unha área especializada, de concentración de empresas e servizos loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidad, así como de actividades industriais, empresariais e servizos xerais asociados.
Como tal, a plataforma loxística proxectada está especialmente deseñada e concibida para un desempeño óptimo das súas funcións, de forma integrada e sinérgica, con potencialidades de desenvolvemento a curto, medio e longo prazo, tanto para lle prestación conxunta de servizos á totalidade do conxunto do Nodo Loxístico de Vigo e o seu porto, como para potenciar a súa proxección a escala rexional, nacional e internacional.

A Plataforma atópase situada a 35 km de Vigo.
      Superficie bruta: 4.196.167 m2MapaEmplazamentoP
      Superficie neta : 2.340.182 m2
Conexións viarias:
Autovía A-52: co centro peninsular
Autoestrada AP-9: co Norte de Galicia
A-55: co Norte de Portugal
Áreas funcionais especializadas:
Centro Intermodal
Área Loxística IntermodalMapaDistribucionP
Área Loxística e de Transformación
Área Loxística Empresarial
Área Multifuncional Industrial
Centro de Servizos
Conexións ferroviarias:
Acceso directo desde a liña ffcc Vigo - Ourense
Conexión directa co Porto de Vigo

As Áreas de Actividade son as seis grandes áreas de actividades para usos mixtos e temáticos, nos que se divide a plataforma. Concibidas como parques nos que se agrupan as actividades de operadores loxísticos e industriais, con dimensións variables, forman os polígonos internos funcionais da Plataforma Loxística.

Internamente as Áreas de Actividade ordénanse nunha malla de mazás e rede viaria de acceso a parcelas e aparcadoiros e distribución de servizos. As mazás admiten, segundo as necesidades funcionais ou a vocación da área, diversas alternativas de ordenación interna e de tipoloxías edificatorias e de instalacións.

Área de actividade Especialización funcional Superficie
CI Centro Intermodal Área de concentración de terminais intermodais (FFCC - carretera). 367.618m²
LI Área Loxística Intermodal Complementaria ao Centro Intermodal, con terminais dedicadas e instalacións auxiliares. 224.698m²
LT Área Loxística e de Transformación Área para operadores loxísticos e de transporte, e de centros loxísticos de empresa (con actividade compatible de transformación).

A:361.099m²

B:478.953m²

C:142.465m²

MI Área Multifuncional Industrial Área para empresas de transformación, con centros loxísticos propios, e relacións sinérxicas co resto da plataforma. 897.334m²
LE Área Lóxistico Empresarial Área para empresas cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servizos, oficinas e produción. 596.659m²
CS Centro Integrado de Servizos Complexo de servizos a empresas, persoas, vehículos e equipos. 62.598m²
Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia