O primeiro polígono do Condado
O polígono industrial Chan da Ponte é o único parque industrial en funcionamento na comarca do Condado. Foi promovido polo Concello de Salvaterra de Miño durante a década dos 80 e aprobado con carácter definitivo o 27 de novembro de 1996.
Chan da Ponte acolle actividades industriais e comerciais estreitamente relacionadas cos recursos da zona.
A construcción deste polígono supuxo un freo á despoboación do rural, favorecendo a recuperación e o crecemento económico do municipio.
Está situado en Salvaterra, dentro da área económica de Vigo e moi próximo á fronteira con Portugal, e conta con tódalas comodidades dunha infraestructura moderna onde priman os servicios, ás empresas e á mellora das vías de comunicación.
Este polígono tiña en principio unha extensión de 102.317 m², con todo, a gran demanda de solo industrial obrigou ó Concello a ampliar a superficie ata os 276.192 m².
DISTRIBUCIÓN:
- Zona industrial: 156.111m².
Está distribuído en 44 parcelas con posibilidade de agrupamento e de segregación non inferior a 500 m².
- Sistema Viario: 40.179 m².
Conta con viarias internas principais de 10 metros e outros secundarios de 12 metros, con zonas de aparcadoiro e beirarúas a ámbolos dous lados.
As vías de acceso directo son a PO-403 e a PO-410, que comunican o polígono coa Autovía das Rías Baixas (A-52), Portugal e as localidades limítrofes (Salceda, Ponteareas e As Neves)
- Equipamento comercial e social: 19.385 m².
Existen varios proxectos en fase de estudio como servicios de hostelería, comercio, oficinas e servicios as empresas para desenvolver dentro do polígono.
- Zonas verdes: 34.652 m².
O Concello de Salvaterra leva a cabo un programa de crecemento industrial sostible, creando espacios verdes dentro do polígono e recuperando ecolóxicamente un entorno degradado.
- Zonas Deportivas: 15.346 m².
Pista deportiva polivalente (fútbol sala, baloncesto, ... ).
Aparcadoiro de vehículos.
Parque biosaudable.
Comunicacións mais próximas e distancias coas principais cidades galegas:
Porto de vigo | 32 Km |
Terminal de carga de Tui | 22 Km |
Autopista do Atlántico | 14,6 Km |
Autovía das Rías Baixas | 4,9 Km |
Aeroporto de Vigo | 30 Km |
Aeroporto de "O Porto" | 100 Km |
Estación de tren de Guillarei | 15 Km |
Vigo | 32 Km |
Pontevedra | 57 Km |
Santiago | 113 Km |
A Coruña | 183 Km |
Ferrol | 203 Km |
Ourense | 76 Km |
Lugo | 161 Km |