É para min, como Alcaldesa de Salvaterra de Miño, un pracer darlles a benvida a este portal que se abre ao mundo enteiro, un canal de difusión da nosa cultura, da nosa historia e da nosa tradición.
Salvaterra de Miño é un municipio de preto de 10.000 habitantes, bañado por cinco ríos, cunha gran riqueza histórica, cultural, paisaxística, patrimonial e medioambiental.
Invítovos a facer unha viaxe, unha viaxe pola nosa Vila Milenaria, polo seu Castelo e o Museo da Ciencia do Viño, pola Casa do Conde, o Recinto Amurallado, por calquera dos viñedos que podedes encontrar no noso territorio, somos Capital do Viño do Condado do Tea, polos mais de 200.000m2 do noso Parque Público A Canuda, ese Xardín sobre o Miño que miles de persoas visitan durante o ano, pola Illa Fillaboa, a única de titularidade pública do Río Miño, polos mais de 40km de sendas verdes, pola Capela da Asunción … por calquera das nosas 17 parroquias.
Ven e disfruta Salvaterra, sinte o noso clima, empápate da nosa historia e enamórate da nosa terra!!
Un afectuoso saúdo,
Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa de Salvaterra de Miño