Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

SalvaterraAerea

O municipio de Salvaterra de Miño atópase localizado na vertiente suroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, mais concretamente na zona meridional da provincia de Pontevedra, a unha altitude de 150 metros sobre o nivel do mar, cunhas cordenadas xeográficas de 42º 04' 5'' de latitude norte e de 8º 30' de lonxitude oeste.. Limita polo norte cos Concellos de Ponteareas e Mondariz, polo leste cos da Cañiza e As Neves, polo sur co río Miño, que o separa de Portugal e polo oeste co Concello de Salceda e Tui. Xunto aos veciños Concellos de Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Salceda de Caselas, forma a Comarca do Condado.

salvaterra

 

O término municipal de Salvaterra de Miño, está no límite coa fronteira política de Portugal, ocupando unha extensión territorial de 61,79 Km². Os seus arredor de 9800 habitantes de que dispón, están distribuidos en torno a 17 parroquias, as cales numéranse a contuinuación:

Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacoba.

O seu relevo chan e a abundancia de auga únense ao seu especial microclima para convertir a todo o concello nunha envexable horta na que predominan extensas plantacións vitivinícolas e hortícolas. A elo contribúen os seus cinco ríos: Uma, Tea (principal afluente), Caselas, Mendo e por suposto o pai Miño, coma o río principal que penetra en Salvaterra dende As Neves, bañando as parroquias de Oleiros, Salvaterra, Arantei, Cabreira e Porto, rematando o seu curso na Guarda pasando antes por Tui.

Ao seu paso polo noso Concello, o curso do río é estreito, o que fai que existan illas, illotes e rochas de gran tamaño. A principal illa de Salvaterra é a Fillaboa.

 

Diciembre 2024
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia