1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova edición dos cursos dirixidos ás persoas maiores de 65 anos a través do proxecto do Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 denominado “Red de Gobernanza do Río Minho Transfronteirizo”. O obxectivo é promover o envellecemento activo, mellorar a calidade de vida e fomentar hábitos saudables, así como favorecer a autonomía persoal e as relacións sociais.

Esta iniciativa ofrece actividades que combinan a aprendizaxe, o exercicio físico e a estimulación cognitiva, contribuíndo ao benestar das persoas participantes e creando espazos de encontro e convivencia.

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 65 anos empadroadas na Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño. A programación desenvolverase desde finais de outubro ata decembro e continuará en xaneiro de 2027, mantendo a mesma dinámica de funcionamento, cos mesmos cursos e horarios.

As persoas participantes poderán escoller entre tres actividades: XIMNASIA, PINTURA e MEMORIA.

O curso de XIMNASIA celebrarase os luns en dúas quendas, de 12:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 17:30 horas, no Centro Cultural de Leirado. Pola súa banda, as sesións de PINTURA terán lugar os martes, de 11:00 a 12:30 horas, na Casa do Maior de Leirado. Finalmente, o curso de MEMORIA desenvolverase os mércores en tres quendas: de 10:00 a 11:00 horas, de 11:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:00 horas, no Concello de Salvaterra de Miño.

As actividades comezarán os días 26, 27 e 28 de outubro, segundo o curso, e prolongaranse ata o 21, 22 e 23 de decembro, respectivamente. Tras este primeiro período, retomaranse en xaneiro de 2027 coa mesma dinámica de funcionamento. As inscricións deberán realizarse entre o 15 e o 20 de outubro no Concello de Salvaterra de Miño. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición dentro do prazo establecido.

Para máis información, poden contactar co Concello no teléfono 986 658 126.

Cartel Actividades Maiores

Octubre 2026
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia