1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A actuación, financiada a través do Plan +Provincia 2026, corrixirá o deterioro da cuberta e mellorará toda a contorna do elemento patrimonial.

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno o proxecto de mellora e acondicionamento do lavadoiro de Fontoura. A actuación contará cun orzamento total de 34.071,02 euros, que se financiarán integramente a través da liña de investimentos do Plan +Provincia 2026.

Cunha firme aposta pola conservación da identidade local, esta intervención dá continuidade á serie de obras de consolidación e posta en valor do patrimonio municipal que o Goberno local vén desenvolvendo de forma sostida no tempo. Neste caso, os traballos centraranse tanto na estrutura da cuberta como en todo o espazo público que rodea o histórico lavadoiro.

Na actualidade, a instalación presenta un evidente deterioro superficial debido á acción prolongada da humidade e á continua exposición á intemperie. Os bordos atópanse danados e a laxa superior de formigón amosa un desgaste notable que comprometía a integridade visual e estrutural do conxunto.

Para solucionar estas patoloxías, o proxecto contempla traballos de corrección de xeometrías e a substitución integral da actual cuberta. As obras executaranse respectando escrupulosamente os valores arquitectónicos orixinais do elemento para garantir a súa correcta integración coa paisaxe. Entre as principais accións destacan a demolición e retirada da antiga estrutura de formigón, a colocación de columnas de pedra de soporte, e a instalación dun novo tellado de madeira con tella cerámica plana tradicional.

Así mesmo, os operarios procederán ao picado de xuntas, o posterior rexuntado e o selado do propio lavadoiro. O proxecto completarase cunha limpeza xeral minuciosa de toda a instalación e das súas zonas anexas, á par que se instalará unha nova varanda de protección perimetral para garantir a total seguridade dos veciños e usuarios.

Lavadoiro Fontoura 1Lavadoiro Fontoura 2

Octubre 2026
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia