Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

Un ano máis o Concello de Salvaterra presenta a súa programación para o Entroido, en torno a dous eixos, o Festival Infantil e o Enterro da Lamprea

Os Centros Educativos do Municipio son os encargados de abrir os actos do entroido co seu xa tradicional Desfile, que terá lugar o venres 24 de febreiro, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda, en caso de choiva trasladarase ao Pavillón de Leirado.

O Martes 28 é o día dos nenos e nenas de Salvaterra, a partir das 17.30 horas a Casa de Cultura ofrecerá diversas actividades para eles, dende karaoke ao Concurso de disfraces, todo isto acompañado de rosca e chocolate para todos os asistentes. As bases do Concurso de Disfraces están a disposición de todos aqueles que as queiran na páxina do Concello (www.concellodesalvaterra.org).

O mércores 1 de marzo, ás 17.00h, na Praza do Concello (en caso de choiva suspenderase) todos os cativos que se acheguen poderán desfrutar de música, globoflexia, maquillaxe e tatuaxes de fantasía.

E como non, o Entroido en Salvaterra péchase ao grande, co ENTERRO DA LAMPREA. Este ano, cun presuposto de 5.500€,  xa están confirmadas máis de 12 carrozas de toda a contorna, con máis de 1.200 participantes neste desfile que ano a ano vaise consolidando, con miles e miles de persoas que se achegan ao noso municipio para darlle o último adiós a nosa querida lamprea. Dende o Concello queremos animar a tod@s aqueles que lle guste o entroido,  a participar con nos, dentro da propia comitiva da defunta, como choronas e facer con ela o seu último percorrido.

 

 CartelenterroLamprea2017  20A3520  20A3526  20A3540  20A3548  20A3556  20A2521  20A2538  20A2545

Diciembre 2024
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia