Os nenos e nenas de Salvaterra de Miño participaron nunha actividade interactiva e divertida este mércores pola tarde na Praza do Concello, co fin de entre todos e todas elaborar con globos un gran símbolo feminino que pendurará no balcón do Concello, e así conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER. Non nos podemos olvidar que eles son o noso futuro, por iso a gran importancia de tratar e traballar na igualdade dende cativos.