Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

IglesiaSan Paio de Fiolledo tópase enclavado na ladeira do Monte Castelo, onde se conservan restos dun castro no lugar coñecido como monte dos ladróns, entre esta parroquia e a de Pesqueiras. Os seus límites son polo norte Corzáns, Oleiros e Salvaterra polo sur, polo leste Tortoreos e Pesqueiras polo oeste.

Unha lámpada de aceite, fabricada en bronce coa asa en forma de cabeza de pato demostra que o territorio desta parroquia estivo habitado dende tempos antigos.

A primeira referencia documental escrita a esta parroquia encontrámola na doazón do rei Bermudo II o 24 de maio de 991. Neste primitivo documento recibe o nome de Finuleito.

Son orixinarios desta parroquia a familia dos Avalle. A súa casa familiar atópase situada estratexicamente nas inmediacións do Monte Castelo. Esta familia tivo un papel destacado durante a loita contra os franceses durante a guerra da Independencia e participaron nas loitas carlistas como partidarios do infante Don Carlos.

Cóntase unha anécdota relacionada cos habitantes deste pazo. Como os franceses non os puideron someter porque se defendían bravamente, prendéronlle lume ao edificio, para sufócalo os moradores do pazo abriron as pipas de viño gardadas na bodegas.

Un membro da familia Avalle aparece como representante da Cidade de tui na Xunta de A Coruña celebrada o 5/6/1808. posteriormente foi deputado en cortes en 1813, defendía os intereses conservadores xa que opúñase os ideais do liberalismo.

Consérvanse as ruínas da magnífica capela mandada levantar na segunda metade do século XVII por Gregorio de Avalle y Pereira de Castro, capitán e familiar do Santo Oficio, baixo cuxa onomástica foi consagrada dando nome ao lugar.PetoAnimas

Os habitantes de Fiolledo distribúense nos seguintes barrios: Burguete, Carqueixa, Chans, Salgosa e San Gregorio.

Un dos elementos máis significativos da arte popular da parroquia é o peto de ánimas de Gomaro. Feitode pedra, antigamente policromada, aínda coserva unha parte mínima da pintura orixinal. Presídeno un par de tibias cruzadas, que representan ao Noso Señor Xesucristo no madeiro, teñen por debaixo a figura de San Francisco. Nun plano inferior aparecen, aos lados, dúas ánimas agarrando o cordón do seu hábito, nembargantes a situada no centro permanece pasiva. Nunha ringleira inferior aparecen tres ánimas máis.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia