Casa do Concello
Apoiando o noso comercio

Limita ao norte con Leirado, ao sur con Fiolledo, ao oeste con Corzáns e ao leste co municipio de As Neves.Peto

O seu territorio está bañado por pequenos regatos que nacen no monte San Domedio. Son terras moi soleadas empregadas dende antigo para o cultivo da viña.

Os barrios pertencentes á parroquia son: Barral, Barreiros, Bouzo, Casal, Chans, Codeseda, Covelo, Cristo, Eidos, Igrexa, Lamas, Lamela, Luz, Monte, Nogueiró, Outeiro, Pazos, Roda e Serradela.

No plano arqueolóxico hai que destacar a presenza de variostúmulos megalíticos no lugar denominado "Tilleiro das Mámoas" e restos dun poboado antigo en O Castro.

A primeira mención documental ten carácter relixioso, trátase dunha partida de bens entre o cabildo e o bispo de Tui, no ano 1196, na que xa figura co nome de Meder. A parroquia de Meder foi anexa de Leirado ata o ano 1800.

IglesiaA Capela da Virxe da Luz actúa como templo parroquial dende 1915, debido ao mal estado no que se atopa a igrexa consagrada a San Adrián, o patrón. Na súa fachada, sobre a porta adintelada, ábrese no muro un fornelo que cobiza unha imaxe mariana. Flanqueada por dous escudos de armas, remata coa torre de espadana. Os escudos de armas fan referencia aos Barbeito e Padrón e aos Suárez de Puga Ozores.

Nas Gándaras existe unha pequena capela dedicada ao cristo.

Capela da virxe da Luz. A festividade celébrase no mes de xullo. Unha novena de principios do século pasado conta a orixe desta capela."habiéndose sentido repentinamente ciega en el momento de dar a luz una señora de la dicha familia de los Tapias; después de haber agotado inútilmente todos los recursos de la ciencia médica para devolver la vista ....la fervorosa piedad de su esposo y del reto de la familia determinó levantar, en el barrio donde habitan, un arco de piedra, bajo el cual, en una especie de camarín, colocaron la Virgen de la Luz, a la que recurrían constantemente impetrando de ella, con fervientes oraciones, la vista para la enferma. No tardó mucho la divina Señora en ostentar su inmenso poder accediendo, benigna, a tantas y tan fervorosas súplicas y concediendo el inestimable don de la vista a la desgraciada parturienta..."

A raíz deste episodio a familia mandou levantar a ermita.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Junio 2021
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Inventario
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia