Casa do Concello
Apoiando o noso comercio

Murallas1Imos dar unhas breves pinceladas sobre esta parroquia que é a cabeza do concello. A casa do concello encóntrase na Praza da Constitución. 

O pasado, presente e futuro están marcados polo carácter fronteirizo da vila. O río actúa como fronteira natural con Portugal e ao mesmo tempo como nexo de unión entre as xentes e ámbalas beiras. As comunicacións realizadas antano en barcas de paso e máis tarde en transbordador, fanse agora a través dunha moderna ponte internacional.

A vila de Salvaterra está sufrindo unha importante transformación urbanística. O polígono industrial e o sector da construción son os motores que puxan pola súa economía. 

Salvaterra xoga un papel destacado na historia da comarca. Diferentes restos demostran que estivo poboada dende antigo. Murallas2

A primeira referencia documental escrita da vila recóllese na doazón do rei Bermudo II no ano 991. Neste documento antigo recibe o nome de Lacedorium. Aparecen como patróns San Lourenzo e San Salvador.

Durante os séculos seguintes foi escenario de diversas loitas nobiliarias e enfrontamentos, como os da raíña Dona Urraca coa súa irmán Teresa de Portugal .

O nome foi evolucionando, chamouse máis tarde Lazorio ata que Fernando II denominou a vila como Salvaterra. Este topónimo, referente ao seu carácter fronteirizo, indícanos que o monarca a consideraba un enclave estratéxico para a defensa do seu reino.

O seu castelo foi escenario das reivindicacións irmandiñas e das andanzas do Conde de Camiña, Pedro Madruga.

No século XVII, o seu carácter fronteirizo supón que sexa un territorio clave nos enfrontamentos hispano - lusos. Durante dezaseis anos estivo sometida a praza as tropas portuguesas ata, que foi recuperada polo exército español comandado polo Marqués de Viana. As murallas defensivas foron melloradas durante esta etapa .

Por orde de García Sarmiento fundouse un convento franciscano en 1603 extramuros do recinto amurallado. Este mosteiro tivo unha vida curta pois foi destruído polos portugueses durante a súa ocupación da vila. Os monxes trasladáronse nun primeiro momento a Tui e despois ao seu actual emprazamento de Canedo, en Ponteareas.

Murallas3A casa do Conde constituíuse como un dos elementos arquitectónicos destacados do antigo recinto amurallado. 

O enxeñeiro francés, autor das obras de fortificación de Salvaterra, é o maior Carlos de Lessar, quen se atopaba traballando na fronteira da raia seca, na provincia portuguesa de Tras Os Montes. As amplas estancias coñecidas popularmente como As covas de Dona Urraca, son obra súa. 

 

InicioAnterior123SiguienteFinal
Junio 2021
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Inventario
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia