1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2021 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón durante os meses de xullo e agosto.

Cartel Campus Veran 2025Achégase o remate do curso escolar e son moitas as familias que atopan grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Verán, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. A actividade dirixida a nenos e nenas nados entre o 2021 e o 2013 realizarase durante os meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 h no C.E.I.P Plurilingüe Infante Felipe de Borbón. O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro quendas, nos meses de xullo e agosto. Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa aula matinal dende as 7:30h e servizo de comedor ata as 16:00h. Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e terán prioridade aquelas familias que os pais e nais traballen nese horario e tamén as familias monoparentais. As bases e inscrición poderá recollerse no Concello ou descargarse a través da web concellodesalvaterra.com. O prazo de inscrición será do 22 ao 29 de maio e poderase facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do Concello.

iconoPDFINSCRIPCIÓNS

 

iconoPDFBASES

Enero 2026
L M X J V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia