Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

EdadMedia 

AS PRIMEIRAS REFERENCIAS DOCUMENTAIS 

Ata finais do século X non se conoce ningún documentos que se refira a Salvaterra e en xeral o seu municipio. O 24 de maio do 991, o rei Bermundo II entregou á Iglesia Compostelana Lacedorium, primitivo nome de Salvaterra. No mesmo documento concedeulle as vilas de Piscarias (Pesqueiras), Sautolovari (Soutolobre) e Asantei (Arantei), entre outras.

O REINO DE GALICIA. DOÑA URRACA EN SALVATERRA.

Dona Urraca era filla do rei leonés Alfonso VI, cando este morreu no 1109 a súa potestade recaeu sobre ela. Estivo casada con Raimundo de Borgoa, con quen tivo un fillo, quedou viúva en 1107.

Casou dona Urraca en segundas nupcias con Alfonso "O Batallador", rei de Aragón. Este matrimonio levantou unha forte oposición no estamento nobiliario.DonaUrraca

En Galicia foron momentos moi axitados e turbulentos. A raiña desplazouse polos distintos castelos que tiña espallados polo seu reino. Residiu en Caldas de Reis, Sobroso e Salvaterra entre outros lugares.

En 1121, proclamouse a independencia de Portugal. Teresa, raiña de Portugal e irmá de Dona Urraca, pretendía apoderarse da Guarda, Tui e Salvaterra, no sur de Galicia. Doña Urraca aliouse co seu fillo e co bispo Gelmirez para vencela. Teresa foi derrotada e tivo que refuxiarse no Castelo de Lanhoso. Dona Urraca morreu no 1126, pero o seu recordo de muller de gran valor e hábil estratega permaneceu na memoria do pobo.

FernandoIINun documento redactado no ano 1109 polo monarca Alfonso VI confirma as donacións feitas polos seus antecesores, en ela figura a vila de "Lacidorio cum suis hominibus".

Teresa de Portugal concedeu en 1124 un privilexio a igrexa de Tui onde facia coto sobre o Miño desde Lazorio, evolución do nome primitivo de Salvaterra, ata a súa desembocadura.

Fernando II, reinou no século XII. Este monarca cansado das incursións dos portugueses decidiu fortifica-la vila y dotala de murallas, colocando unha gornición para protexela. Por este motivo produciuse o cambio de nome ó convertirse nunha praza para salvar ó reino, por tanto, o seu nome pasou a ser Salvaterra.

Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia