Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

EdadContemporanea

 

No século XIX prodúcese a transición do Antiguo Réxime e, ainda que os Ilustrados prepararan o camiño, non foi fácil en ningún sitio.

En Galicia este proceso foi aínda máis dilatado e complexo que no resto de España xa que as ideas da Ilustración tiñan poucos defensores, a burguesía non era homoxénea e ademáis as tropas francesas invadiran a Península.

A loita contra as tropas francesas foi o elemento que aglutinou nun mesmo bando ós tres sectores nos que estaba dividida a sociedade: o clero e a nobreza partidarios de mante-lo Antiguo Réxime; e a burguesía e as masas populares.

As tropas francesas penetran en Galicia a comenzos de 1808 e van conquistando as prazas máis importantes ( Vigo cae en mans francesas o 31 de xaneiro). En toda a zona do Condado organizáronse partidas para tratar de reconquistar Tui e Vigo. A operación tivo éxito e os franceses trataron de escapar da zona vadeando o Miño, pero non o conseguiron.

Una vez conseguida a liberación de Galicia, os campesinos que defenderan as súas aldeas e terras deixaron voluntariamente as armas e regresaron ás súas actividades.

En 1812, durante o Trienio Liberal, proclámase a primeira constitución española, pero cando Fernando VII regresa a España derógaa e goberna conforme ós principios absolutistas.

Cando en novembro de 1813 se averigua a situación dos concellos da antiga provincia de Tui, na xurisdición de Salvaterra só hai un concello.

No ano 1820 na actual Salvaterra e o seu termo hai dous concellos, o de Salvaterra e o de Fornelos, no partido xudicial de Ponteareas.

A súa morte estala o conflicto sucesorio e a sociedade divídese en dous bandos, por un lado os liberais que apoian á princesa herdeira, futura Isabel II, e por otro os absolutistas a favor de D. Carlos, irmán de Fernando VII.

En Fiolledo existiu unha cédula de apoio ó Carlismo en torno á familia dos Aballe.

No ano 1835 faise un novo reparto do concello e Salvaterra pasa a estar composta por dezaoito parroquias (as actuais máis a de Pedra Furada, que na actualidade está anexionada a Oleiros).

A chegada do ferrocaril na década de 1880 supuxo un importante impulso para a economía da comarca.

Dende o ano 1907 o concello recibe o nome de Salvaterra de Miño, para diferencialo das outras Salvaterras.

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia