Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

PuntoInformacionCatastral

O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando desde hai pouco tempo o Concello de Salvaterra de Miño, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.

PICA necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, sen ter que desprazarse ata Pontevedra, no caso do noso municipio, para obter a información.

Os servizos aos que se pode acceder desde o Punto de Información Catastral do Concello de Salvaterra de Miño son os seguintes:

a) Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
b) Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
c) Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
d) Calqueira outro servizo de consulta e certificación que se implanten no futuro.

 


Horarios: Luns, Mércores e Venres de 8:00 a 14:00

Tlf de contacto: 986 658 126 

Febrero 2017
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 1 2 3 4 5
Entroido2017
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia