Neste documento proveniente do Arquivo de Hijar atopamos como litigantes a Diego Sarmiento de Sotomayor conde de Salvatierra, marqués de Sobroso contra Fernando Zores sobre a posesión dos montes de Salvatierra de Miño. Divulgamos algunhas das partes desta alegación, unha xoia testemuñal do século XVII.
No ano 1389 Juan I de Castela donou Salvaterra a Paio Surreda de Soutomayor. O rei Juan II realizou unha nova cesión do señorío de Salvaterra ó conde de Ribadeo. Este vendeuna en 1446 a Diego Pérez Sarmiento. Dez anos maís tarde o título pertence a Álvaro Páez de Sotomayor. Heredou o señorío o irmán bastardo, Pedro Álvarez de Soutomayor, coñecido co sobrenome de Pedro Madruga.
Foi Pedro Madruga quen se enfrentou ó resto da nobleza galega na Guerra Irmandiña, tomando como prisioneiros a varios nobres galegos destacados como Fernando de Camba e García Sarmiento. Pedro encerrounos no Castelo de Salvaterra. Cando os liberaron do seu encerro o primeiro deles exclamou:
Pedro Madruga morreu en 1486. As suas propiedades pasan a mans do seu fillo Álvaro de Sotomayor, señor das casas de Soutomaior, Fornelos e Salvaterra, entre outras. Os Reis Católicos confírmanlle os seus señorios. Falece novo e sucédelle o seu fillo Pedro, quen perde Salvaterra como o reflexa o cronista Vasco de Aponte: "se perdió Salvatierra por ser pleito mal abogado y llevóla García Sarmiento por setencia definitiva, para siempre..."
No ano 1504 os Reis Católicos envían duas cédulas o arzobispo da Catedral de Santiago. Querían que se procedese a búsqueda no tombo da Igrexa dunhas escrituras onde constase que a vila pertencía á coroa real.
Anos maís tarde a dignidade condal foi concedida por Felipe III a Diego Sarmiento de Soutomaior, home da sua confianza e capitán xeneral de Sevilla e a súa terra.